miércoles, 14 de junio de 2017

OBRA DE TEATRO

Estes días apareceron unhas invitacións colocadas en distintas zonas do colexio. Que vai acontecer? Lede, lede...o alumnado de 2º invítanos a ver a obra de teatro "A VODA DO GALO PINTO" Será o día 21 de xuño ás 13 horas na biblioteca. BRAVÍSIMO NENAS E NENOS E 2º!!!!


GRAZAS FAMILIAS

Desde o Equipo da Biblioteca queremos dar unha vez máis as grazas ás familias pola súa participación naquelas actividades nas que solicitmos a súa colaboración. Neste caso, moi especialmente ás familias de Ariadna, Martín, Mateo e Sabela de 2º de primaria. Ides ver agora os fermosísimos caramulos que as súas familias nos enviaron con motivo da visita de Anxo Moure á nosa biblioteca. MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

 

jueves, 8 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

A piques está de rematar o curso e chegar o merecido descanso:  O VERÁN.  Desexamos que gocedes moito, pero nos esquezades de mantervos informados a tavés dos libros. Por iso vos deixamos estas recomendación lectoras: (cliquea no cadrado par ver ben os títulos)

 

 

domingo, 28 de mayo de 2017

SAÍDAS CULTURAIS

Este curso todas as saídas culturais de maio foron organizadas tendo en conta o Proxecto anual da biblioteca: OS ANIMAIS
. O alumando de 1º e 2º visitou o Acuario de O Grove, paseou en catamarán e o gozou coas vistas desde o  mirador do monte Siradella.
. O alumnado de 3º e 4º visitou o museo de historia natural de Santiago e a exposición "Da árbore a cadeira".
.O alumando de infantil achegouse a pasar unha gran xornada á granxa escola Bergando en Negreira.
(En breve subiremos as fotos á paxina web do centro)
 

miércoles, 24 de mayo de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA

Tivemos a gran sorte de que a autora de "Unha escola nas nubes" "O zapateiro" "O zapateiro e o raposo" da editorila bolanda,   Mª José Gulín,  estivese no noso centro contándolle estas fermosas historias ao noso alumnado. Contos que entreteñen, e  que ao mesmo tempo transmiten ensinanzas. MOITAS GRAZAS POLA TÚA AMABILIDADE !
 

 

domingo, 21 de mayo de 2017

ANXO MOURE CO ALUMNADO DE INFANTIL

Risas, emocións e moita moita... participación do alumnado...en todas as historias que o gran Anxo Moure lles contou ao alumnado de infantil. Tan só con mirar as súas cariñas vemos o gran momento que viviron.  Historias cargadas de amor e de respecto cara á Natureza. PARABÉNS!


 

ANXO MOURE NA BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA

Chegou o gran día. Chegou Anxo Moure á nosa Biblioteca. Chegou o home que abraza as árbores,  o home que fala cos ríos...chegou unha extraordinaria persoa, ecoloxista, contacontos...
Foi una charla moi didáctica, entretida, divertida. ANXO MOURE posúe uns excelentes dotes para captar a atención das nenas e dos nenos, para engaiolalos coas súas historias de amor pola natureza. Cantou co alumnado de 1º, 2º e 3º  tres karaokes de Caramulo, Salgadiña e Coureliña. PARABÉNS POLA GRAN LABOR!