jueves, 29 de junio de 2017

AS HERBAS DO SAN XOÁN

O alumnado de 5ºB realizou una recompilación das típicas herbas da noite de San Xoán: fiúncho, chopo, herba luísa, codeso, fento macho, malva, romeu,...
Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas  herbas deixadas ao orballo na noite de San Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
O alumando de 3º aproveitou esta boa ocasión para coñecer estas plantas típicas da nosa contorna, observalas, tocalas, ver as follas, ulilas,... GRAZAS 5º! QUE BOA ACTIVIDADE!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario